CRTVG

Buscar

Primeiro día de Javi Galán en Afouteza: "Terédesme moitos anos por aquí e faremos cousas grandes"

Publicado o 02/08/2021 14:59

Primeiro adestramento de Javi Galán como novo futbolista do Celta. O lateral estremeño procede do Huesca co que xogou cincuenta e tres partidos en primeira división. Marcou un gol.

Javi Galán vén a reforzar unha posición en que o Celta careceu de continuidade e solidez nos últimos tempos. Primeiro día na oficina de Afouteza para Galán.

"Foron unhas semanas complicadas pero ao final todo chegou a bo porto e estou desexando comezar e demostrar a confianza en min", comentou a nova fichaxe celeste.

Galán asegurou que lle chama moito a cidade, o club e a súa historia e tamén Coudet "chave" para que se dera a fichaxe e que "pode vir moi ben no meu xogo"

 "Terédesme moitos anos por aquí e faremos cousas grandes", concluíu o estremeño.

Noticias web

02/08/2021