CRTVG

Buscar

Primeiro cheo do verán para visitar as illas Cíes

Publicado o 22/06/2021 18:46

Para esa xornada ten xa cubertas as 1.800 prazas que permite como máximo o Parque Nacional para cada xornada. Será o primeiro cheo desta campaña de verán, o que confirma as Cíes como un dos destinos preferidos en Galicia e máis neste tempo de pandemia en que moitos buscamos grandes espazos ao aire libre.

Ademais, subliñar que para o domingo hai xa preto de 700 reservas, así que se teñen pensado visitar este paraíso natural pidan rápido o permiso e reserven, porque é probable que se esgoten tamén as prazas.

As navieiras incrementaron todas as medidas de seguridade e afrontan a campaña de verán con boas perspectivas.

 

Noticias web

22/06/2021