Primeiro cheo da tempada nas illas Cíes
Publicado o 10/07/2020 14:27
As illas Cíes seguen espertando un grande interese, e proba diso é que xa hai o primeiro cheo e se completou o cupo de 1.800 visitantes diarios a este paradisíaco destino situado nas Rías Baixas.
Ringleiras de persoas agardando para embarcar e coñecer por primeira vez as illas Cíes. As súas augas cristalinas e sobre todo os seus espazos abertos son os principais motivos para que a xente elixa este destino.
A partir de mañá auméntanse as frecuencias dos barcos que van ata as illas Cíes dende os portos de Vigo, Baiona e Cangas do Morrazo.