CRTVG

Buscar

Primeiro aniversario do naufraxio do 'Sin Querer 2'

Publicado o 21/12/2019 21:32

Cando se acaba de facer un ano do naufraxio do pesqueiro 'Sin Querer 2', en Cambados celebrouse esta tarde un funeral polas catro vítimas do afundimento: o patrón e tres mariñeiros, un dos cales aínda segue desaparecido.
Outros seis tripulantes sobreviviron ao sinistro, unha traxedia que conmocionou á vila arousá xusto antes do pasado Nadal. O barco foi a pique o 19 de decembro de 2018 fronte ao litoral de Fisterra cando regresaba ao seu porto base en Portonovo despois de participar na costeira do bonito no Cantábrico. O pecio permanece afundido a 114 metros de profundidade.

Noticias web

21/12/2019