CRTVG

Buscar

Primeiro adestramento de Fernando Vázquez no seu regreso ao Deportivo: "A afección ten que dar un paso adiante"

Publicado o 30/12/2019 21:26

Pasaron cinco anos e medio da súa saída do Deportivo, por decisión de Tino Fernandez. A situación actual non o botou para atrás. 

Fernando Vázquez: "Estaba convencido de que volvería ao Deportivo".

É o favorito do deportivismo e quere á afección implicada pero avisa: "Non son un mago. A afección ten que dar un paso adiante".

Fáltalle calibrar as posibilidades do equipo: "O seu nivel, non sei, é difícil de valorar porque o rendemento colectivo é malo".

O seu plan, salvarse e facer un bo equipo "para subir despois a Primeira. Pero se non sae ben, eu seguiría sendo adestrador na Segunda B".

O seu deportivismo está fóra de dúbida.

Noticias web

30/12/2019