Primeiro acto oficial da raíña Letizia e a ministra de Igualdade, Irene Montero
Publicado o 06/03/2020 19:28
Primeiro acto oficial conxunto da raíña Letizia e a ministra de Igualdade, Irene Montero. Foi na Universidade Nacional de Educación a Distancia, onde a raíña, acompañada da ministra, presidiu unha xuntanza de traballo coa Asociación para a Prevención, Reinserción e Atención á Muller Prostituída. Na reunión participaron mulleres superviventes do tráfico de persoas. A raíña Letizia apoiou o traballo desta asociación e considerou un triunfo cada caso en que unha muller sometida a tráfico recupera a súa dignidade e liberdade