CRTVG

Buscar

Primeiras visitas ao Pórtico da Gloria tras a súa reapertura

Publicado o 15/04/2021 14:43

Esta era hoxe a cola ante o Museo da catedral, polo momento este é o único xeito de visitar o Pórtico da Gloria, acudindo aquí presencialmente e reservando entrada. Cada persoa pode recoller un máximo de dúas invitacións, xa que nesta primeira fase de reapertura as visitas son gratuítas.

"Quería vir o primeiro día porque ao mellor despois hai máis xente", explica unha das persoas que se achegou ao museo. "Gústame a arte en xeral e a música", explica outra visitante, que engade: "Estou desexando ver que hai aí".

Unha reapertura desexada. Tras os meses de restricións pola pandemia, agora xa é posible contemplar de novo esta obra máxima da arte universal, e cun atractivo engadido. No 2018 rematou o proxecto de restauración da obra do Mestre Mateo, que agora loce parte das súas policromías orixinais.

"Vese distinto, é como un shock porque parece moi diferente o que se vía antes", asegura unha das visitantes.

Cada visitante dispón dun máximo de 25 minutos. A limitación de ocupación ten como obxectivo manter neste espazo unhas condicións óptimas de humidade e temperatura para preservar a conservación do Pórtico da Gloria.

Noticias web

15/04/2021