CRTVG

Buscar

Primeiras reccións dos grupos parlamentarios despois das intervencións de Sánchez e Rajoy

Publicado o 31/05/2018 14:39

Xa temos as primeiras avaliacións dos grupos parlamentarios. Reaccións ao que escoitaron no Congreso durante a mañá. 

Escoitaron os motivos polos que o PSOE presentou a moción, o programa de Goberno do candidato, Pedro Sánchez. E as réplicas e contrarréplicas que lles deu Mariano Rajoy. 

E, de momento, non hai novidades sobre o sentido dos seus votos. Ciudadanos di que o discurso de Pedro Sánchez está cheo de incongruencias e insiste en pedir que se convoquen eleccións. Unidos Podemos lamenta o apoio de Sánchez aos orzamentos do PP, pero di que o primeiro é desbancar a Rajoy do Goberno. Pola súa banda, PSOE e PP defenderon as intervencións dos seus líderes. O PSOE insite en que o mellor é que Rajoy dimita. O PP ve nesta mocion unha fraude á democracia.

 

Noticias web

31/05/2018