CRTVG

Buscar

Primeiras licenzas para a reconstrución de casas afectadas pola explosión de Paramos

Publicado o 25/04/2019 14:27

A zona cero de Paramos, en Tui, comezará a vindeira semana a súa reconstrución, dado que moitas familias xa teñen concedida a licenza para poder comezar as obras nas súas vivendas. 

A piques de facer un ano desa fatídica explosión pirotécnica do 23 de maio, unhas 8 familias poderán comezar xa a reconstruír as súas casas destruídas coa vaga expansiva ao recibir a licenza para levar a cabo os traballos. Outras 26 casas están pendentes desa aprobación que xa foi solicitada.

A partir da vindeira semana quitaranse os valados e xa poderemos ver a colocación das primeiras pedras. Tamén hoxe no pleno municipal de Tui aprobarase unha segunda liña de axudas aos afectados. Será unha reconstrución lenta pero moi agardada. Dende a plataforma de afectados aseguran que aínda queda moito, pero agradecen o esforzo para volver a reconstruír Paramos.

Noticias web

25/04/2019