Primeira vitoria e pola vía rápida do Boiro Voleibol contra o San Sadurniño
Publicado o 09/10/2021 21:09
Na Superliga de voleibol hoxe tivemos o primeiro derbi galego en Boiro, e o Rotogal solventouno pola vía rápida.
Tres a cero venceu diante do Intasa San Sadurniño para facerse coa primeira vitoria da temporada.
O resultado final foi de 25-19, 25-19 e 25 a 23. No outro partido con representación galega, o Arenal Emevé perdeu en Soria por tres sets a cero.