CRTVG

Buscar

Primeira semifinal da Copa América, Perú busca a sorpresa na casa da favorita (esta noite, 01:00, TVG)

Publicado o 05/07/2021 16:07

Hai 18 días que Brasil goleaba a Perú na fase de grupos dunha Copa América que se achega ao seu final con outro Brasil-Perú, agora nas semifinais e cos peruanos tentando evitar erros.

Neymar estivo superlativo naquela cita previa que serve de maqueta aos peruanos para evitar outra goleada, con ou sen Neymar metido no partido.

Ricardo Gareca, seleccionador peruano de fútbol: "Segue sendo moi poderosa e este presente do Brasil é moi bo".

Na banda contraria, no equipo que xoga na casa, o Brasil de Tite non quere confianzas, nin cre en favoritismos.

Brasil, moi precavido, mesmo xoga ás agochadas co nome do substituto do Gabriel Jesús, expulsado fronte a Chile por unha terrorífica entrada sobre Mena. Para reforzar a idea de dificultade que representa o Perú do celeste Renato Tapia, Tite fixo comparecer canda a el a un seu auxiliar que advertiu sobre algunha das figuras peruanas.

Cleber Xabier, auxiliar do seleccionador do Brasil: "Lapadula é unha referencia nova, ataca moito, é forte e temos que estar atentos a el".

Esta semifinal da Copa América poderana ver os espectadores da primeira canle da Galega esta noite, en directo, da unha da madrugada en diante.

Noticias web

05/07/2021