CRTVG

Buscar

Primeira poxa de centola en Burela e bo nivel de vendas de marisco nas peixerías

Publicado o 02/12/2020 14:45

As centolas menos madrugadoras, as da Mariña luguesa, xa están tamén nos mercados. Na lonxa de Burela a campaña comeza máis tarde que no resto da costa galega polo control de especies e os primeiros prezos mesmo acadadoron os 26 euros por quilo no caso dos mellores exemplares.

Estes e outros mariscos saltan das lonxas aos mercados. Neste de Lugo din que os prezos por agora están ben, e no caso da centola rondan os 23 euros, pero, ollo, din que a cousa tende a subir.

"Tes cigala, tes percebe, tes centola, tes un pouquiño de todo. Os prezos hoxe están ben, pero esto dispárase dun día para outro e xa nos dixeron que a ameixa e o berberecho soben para mañá de dous a tres euros. No caso da centola de día a día xa subiu, hoxe téñoa a 22,90 e empecei con ela a 16 e pico, pero centola da boa", sinala Marisol González, dona dunha peixería.

O ambiente na vendas é bo, hai quen merca xa agora pensando no Nadal, pero tamén se vende moito produto para o consumo en fresco derivado dos peches na hostalería.

"As vendas mellor que outros anos porque, como non hai restaurantes, os prezos non baixaron, pero a xente compra máis para comer na casa. Antes picaban algo fóra e agora non", , sinala Marisol González, dona dunha peixería.

Con restricións ou sen elas, semella que a presenza de marisco nas mesas galegas está garantida este Nadal.

Noticias web

02/12/2020