CRTVG

Buscar

Primeira fin de semana en Vigo coa iluminación do Nadal

Publicado o 06/12/2020 22:10

A iluminación do Nadal xa está acesa na cidade de Vigo, pero esta ano brilla dunha maneira moi diferente. Porque as luces, para moita xente, tamén serven para mudar a monotonía dun ano que non esqueceremos.

Non faltan os selfis, pero tampouco as máscaras. E diso están moi pendentes os controladores de rúa. As cámaras, que non gravan imaxes, captan e contan siluetas. Se hai aglomeracións eles encárganse de cortar a rúa.

Dez millóns de luces led alumeando unha cidade que non contará con nora nin con mercado do Nadal.

E son as familias as que máis gozan desta visita. As familias e os cativos e cativas que celebran estas datas como o mellor agasallo dunhas festas que chegan nesta nova normalidade.

Noticias web

06/12/2020