Primeira fin de semana do ano con neve nas montañas de Lugo e Ourense
Primeira nevarada de inverno na provincia de Lugo, que cubriu de branco os cumios máis altos. "A verdade é que pensabamos que hoxe non ía callar, pensabamos que mañá, aínda que onte tamén cubriu. Tivemos pola mañá como tres ou catro centímetros de neve".
"Xa tivemos unha nevarada sorpresiva a finais de outubro, na ponte de Todos os Santos, que foi inesperada e foi gorda. Estaba coma hoxe, máis ou menos, ou algo máis e agora era esperada por todo o mundo, porque que non haxa neve no Cebreiro..."
Con certa sorpresa, a neve e fixo a súa aparición e canda ela chegan os primeiros visitantes. "Eu é a primeira vez ou das poucas veces que vin aquí. Creo que vin unha vez de neno e agora veño traer o meu neno tamén para que goce un pouco das primeiras nevadas e da neve", "porque é moi divertido". "Non é que me guste moito pero ben, un día de diversión aquí, pasándoo ben coa familia".
Os que máis gozan da neve son os nenos, sempre que vaian ben protexidos para o frío. "Gorro e luvas de neve". A neve no Cebreiro parece que chegou para quedar e de feito mañá descende a cota. De momento non afecta á circulación polas estradas principais.