Primeira fin de semana de xullo de sol e calor nas praias galegas
Estas imaxes pertencen á praia urbana de Sanxenxo, Silgar. Os bañistas optaron por non ocupar as cuadrículas que marcan a distancia de seguridade entre familia e familia e achegarse á liña do mar. Algúnhas unidades familiares, as menos, si optaron por illarse das outras.
Seguimos nas Rías Baixas, na praia de dous quilómetros e medio de lonxitude da Lanzada, onde na mañá deste domingo non houbo aglomeracións. O que si había era ganas de exteriores.
E máis ao norte, estamos en Carnota, na comarca de Muros, a afluencia de bañistas na primeira fin de semana de sol e praia da Barbanza obrigou a policía a cortar dous accesos. Eles mesmos dixeron que non é normal tanta xente neste areal de cinco quilómetros ata agosto. O control policial deixou a praia con este aspecto, máis seguro, ao serán.