CRTVG

Buscar

Primeira derrota da selección española no mundial de balonmán

Publicado o 18/01/2019 17:27

No mundial de balonmán...chegou a primeira derrota da selección española. España caeu ante Croacia por 19 a 23. Os croatas dominaron todo o partido. España non estivo atinada en ataque e nunca soubo achegarse no marcador para ter opcións nos minutos finais. Só Enterríos e Ferrán Solé mantiveron a esperanza. Tras este tropezón, España deberá gañar a Francia e a Alemaña se quere alcanzar as semifinais.





 

Noticias web

18/01/2019