Primeira aparición pública de Filipe VI tras a marcha do rei Xoán Carlos
Publicado o 06/08/2020 13:18
Esta mañá vimos a primeira aparición pública de Filipe VI despois de que o rei Xoán Carlos marchara de España. Don Filipe recibiu en audiencia o ministro de Relacións Exteriores do Uruguai. Non estaban os medios de comunicación e foi Zarzuela a encargada de distribuír as imaxes, como veñen facendo desde que se levantou o estado de alarma.
O monarca e a súa familia viaxan esta fin de semana ás Baleares. Alí manterá varias reunións de traballo, incluído o habitual despacho co presidente do Goberno.