Primark busca persoal para a súa nova tenda en Vigo
Publicado o 17/02/2021 13:41

O de Vigo será o único establecemento que abra Primark este ano en Galicia, que se vai unir aos que xa están funcionando en Santiago e na Coruña. En total, a compañía irlandesa vai abrir sete locais en toda España e van contratar 650 persoas.
A tenda de Vigo estará instalada no novo centro comercial Vialia, na estación de Urzáiz, onde irán outras importantes firmas como Alcampo.
As persoas interesadas xa poden enviar os seus currículos a través da web de Primark. Tamén a xestora do propio centro comercial está a recibir numerosas solicitudes de emprego para distintos postos de traballo.