Previr no autobús: poucos viaxeiros e moito silencio
Publicado o 28/07/2020 15:45
Que as persoas de risco non usen o transporte público, pide nun vídeo o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.
Pide que os que o collan miren ben os horarios e incidencias, e que boten o mínimo tempo na estación.
Xa a bordo, pide manter todas as medidas: lavar as mans, manter sempre posta a máscara e no comer nin beber, e evitar falar por teléfono ou con outros usuarios.
Nós subimos a un autobús e escoitamos a distancia o condutor e os viaxeiros. Coinciden en sinalar que agora hai un silencio que nada ten que ver co que era antes.