CRTVG

Buscar

Prevese a creación de máis de 11.200 postos de traballo en Galicia por Semana Santa

Publicado o 26/03/2019 16:17

O aumento das contratacións sería dun 7% respecto ao ano pasado, igual que a media estatal, con eses 11.280 empregos que prevé Randstad. Ourense e A Coruña serían as provincias cun maior incremento, por riba dun 9%.

O informe desta empresa tamén destaca que as competencias máis valoradas á hora de contratar para a campaña da Semana Santa son os idiomas e as habilidades na atención ao cliente. E outro dato, dende 2010, en menos dunha década, as contratacións en Galicia durante a Semana Santa aumentaron un 70%.

Noticias web

26/03/2019