CRTVG

Buscar

Prevese vento forte e chuvia en terra e ondas de cinco metros no mar

Publicado o 18/12/2020 15:30

O mal tempo acompañaranos polo menos ata o día de Nadal. Na xornada deste venres o protagonista é o vento, con refachos superaron xa os 80 quilómetros por hora en toda a costa galega, no interior da Coruña, Pontevedra e nas zonas montañosas de Ourense e Lugo.

A alerta por vento no mar chega a forza 7, inferior aos 60 quilómetros por hora tamén en todo o litoral da comunidade.

O mal tempo no mar cínguese a Pontevedra e á Coruña con ondas que están entre catro e cinco metros. 

Vai a peor pola tarde, co paso dunha fronte moi activa que deixará un episodio de vento e chuvia intensos. Iso si, as temperaturas soben un pouquiño porque o vento vén do sur.

Todo, por outra parte, normal en decembro, tal e como recoñecen os transeúntes. Aínda que algúns din non acordar tanta auga xunta.

Aínda que a fin de semana estará marcada polo ceo nubrado e a choiva será habitual, unha profunda borrasca situada entre Islandia e Irlanda deixará o peor no mar. Teremos unha situación complicada no litoral galego pola altura de onda, que superará os cinco metros en mar aberto.

Noticias web

18/12/2020