Prevención ante o coronavirus tamén en actos da Casa Real
Publicado o 09/03/2020 20:47
As medidas de prevención contra o coronavirus chegan tamén aos actos organizados pola Casa Real. Esta mañá no Pazo do Pardo podíase ver esta imaxe. Para a recepción do rei Filipe VI aos rapaces premiados no concurso Que é un Rei para ti?, tiveron que lavar as mans con xabón desinfectante antes de entrar na sala de recepcións.