CRTVG

Buscar

Preto dun millón de persoas en Galicia optou por autoconfinarse

Publicado o 03/02/2021 12:26
Preto dun millón de persoas en Galicia optou por autoconfinarse

E atendan a este dato: preto dun millón de persoas en Galicia optou por autoconfinarse dende as restricións que entraron en vigor hai unha semana. O estudo, realizado polo Ministerio de Transportes, déixanos varios datos interesantes.

O venres pasado, 910.000 galegos optaron por quedar todo o día na casa. En localidades como Ordes, o 50 % dos veciños non puxeron un pé fóra. Noutros concellos máis pequenos o dato roza o 60 %.

 
 

Noticias web

03/02/2021