CRTVG

Buscar

Preto de mil gardas vixiarán a Operación Retorno 2020

Publicado o 28/08/2020 20:53

A Operación Retorno 2020 será diferente á doutros anos polo coronavirus. A pandemia está a ter consecuencias nos desprazamentos por estrada. Aínda que se prevé un retorno máis tranquilo, a Dirección Xeral de Tráfico lembra que non hai que baixar a garda e que os desprazamentos se fagan de xeito escalonado.

A DXT montou dispositivos de controis, como este de Barro en Pontevedra, nesta operación retorno para comprobar o cumprimento das normas. Ante a alarmante falta de mantemento de moitos vehículos a Garda Civil comproba as ITVS dos vehículos e os estado das rodas.

Esta operación retorno comeza cunha suba no prezo dos curbarantes que encadena xa once subas consecutivas. En Galicia haberá mil gardas civís vixiandos as estradas. As autoridadades fan un chamamento ao uso do conturón de seguridade, a respectar os límites de velocidade e o consumo cero de alcol e drogas.

 

Noticias web

28/08/2020