CRTVG

Buscar

Preto de 8.000 persoas vacináronse sen cita este sábado nas sete cidades

Publicado o 12/09/2021 11:37
Preto de 8.000 persoas vacináronse sen cita este sábado nas sete cidades

Na primeira xornada de vacinación sen cita previa en Galicia administráronse un total de 7.923 doses contra a covid-19. As autoridades sanitarias habilitaron recintos masivos nas sete grandes cidades para facilitar a inmunización das persoas que aínda non recibiron o soro. Calcúlase que son unhas 200.000.

A área sanitaria da Coruña foi a que máis unidades sen cita inoculou (2.184). A continuación, sitúanse a de Vigo (1.913) e a de Santiago-Barbanza (1.000). Na área de Pontevedra-O Salnés vacináronse 896 persoas; na de Ourense, Verín e O Barco 856; na de Lugo, A Mariña e Monforte 691; e na de Ferrol 383. 

Ademais, nestes mesmos puntos de vacinación inxectáronse 3.008 doses con cita. En total, este sábado administráronse 10.931 unidades.

Este luns, 13 de setembro, bota a andar a inmunización da comunidade universitaria sen cita, con puntos de vacinación nas sete urbes.