Preto de 6.000 usuarios utilizan a teleasistencia en Galicia
O caso de Guillermina é un de moitos que precisan un botón de teleasistencia de maneira cotiá, como o de Isabel.
Trátase dun aparello colgado ao pescozo ou no brazo, coma un reloxo, que permite contactar cos servizos de emerxencia premendo un botón no caso de accidente ou problema sanitario.
A Xunta de Galicia ofrece este servizo coa colaboración da Cruz Vermella. O grupo maioritario, o das persoas maiores, un 75%, mulleres. Esta teleasistencia tamén é empregada para casos de violencia machista.
Ao premer o botón a persoa ponse en contacto coa Cruz Vermella, que avisa os servizos de emerxencia e estes desprázanse ata o lugar onde se atopa o usuario. Outro factor que intervén no seu uso é a soidade.O servizo en Galicia ofrecerá en breve a xeolocalización, ideada para persoas con dependencia ou con enfermidades neurodexenerativas, como o alzhéimer.
A teleasistencia é gratuíta para rendas inferiores aos 399 euros ao mes; para o resto, o custo é de 5 euros mensuais.