CRTVG

Buscar

Controlado o incendio de Folgoso do Courel en que arderon unhas 280 hectáreas

Publicado o 01/04/2021 20:50

• Extinguidos os que se declararon en Monforte, Cercedo-Cotobade e Rodeiro: entre os tres queimaron preto de 200 hectáreas.

A calor dos últimos días volveu propiciar os incendios en Galicia. Houbo catro este xoves.

O de Folgoso do Courel foi máis virulento e difícil de controlar. Arrasou 280 hectáreas. O lume iniciouse pola noite, e as condicións atmosféricas axudaron ao seu avance. En poucas horas adentrouse no municipio veciño de Samos.

Todo fai pensar que o incendio foi provocado. O momento máis complicado foi parar o seu avance cara a aldea da Portela.

"Fomos cortando o lume ata sufocar o frente que iba ata o pobo", indica José Antonio Sánchez, Ges Folgoso do Courel. 

"Ogallá puidera dicir que non foi provocado pero se son sincera creo que foi provocado igual que o que tivemos o luns", afirma Lola Castro, alcaldesa de Folgoso do Courel. 

O incendio está controlado. E os outros tres que se declararon nos municipios de Monforte, Cercedo-Cotobade e Rodeiro xa están extinguidos. Entre os tres queimaron preto de 200 hectáreas.

Noticias web

01/04/2021