CRTVG

Buscar

Preto de 500.000 mortes nos Estados Unidos pola covid-19

Publicado o 22/02/2021 09:20
Preto de 500.000 mortes nos Estados Unidos pola covid-19

O impacto do coronavirus nos Estados Unidos alcanza cifras realmente horribles.

Foron os termos que empregou o principal epidemiólogo estadounidense, Anthony Fauci, ao referirse aos últimos datos sobre a evolución da pandemia.

As persoas falecidas pola covid-19 achéganse ao medio millón, segundo os datos deste domingo, despois de 1.312 falecementos rexistrados nas últimas vinte e catro horas.

O reconto independente da Universidade Johns Hopkins sinala que o número de casos confirmados é de 28.130.000.

Noticias web

22/02/2021