CRTVG

Buscar

Preto de 5.000 persoas de entre 70 e 75 anos, vacinados coa segunda dose de Pfizer en Expocoruña

Publicado o 02/05/2021 14:25

Máis de catro mil oitocentas persoas están citadas en Expocoruña para recibir a vacina de Pfizer.
A maioría teñen entre setenta e setenta e cinco anos e reciben a segunda dose con bo ánimo, máis tranquilos porque a primeira inxección apenas deixou pequenas molestias.

Expocoruña é o punto de inmunización máis grande da área sanitaria coruñesa. Preto de 30% da poboación xa recibiu polo menos unha dose de Pfizer, Moderna ou AstraZeneca. Cun volume menor tamén se continúa vacinando no CHUAC e no hospital Virxe da Xunqueira de Cee, onde o Sergas convocou para este domingo algo máis de mil duascentas persoas.