CRTVG

Buscar

Preto de 40.000 casos novos e 119 mortes, coa incidencia á baixa en España

Publicado o 09/08/2021 18:29
Preto de 40.000 casos novos e 119 mortes, coa incidencia á baixa en España

Este luns comunicáronse 39.638 casos novos, deles, 3.987 foron diagnosticados nas últimas horas. A cifra total ascende a 4.627.770. Mentres tanto a incidencia acumulada segue á baixa, e sitúase en 549 nos últimos 14 días. O venres pasado era de 591. Aínda que por agora todas as comunidades se manteñen en risco extremo, xa que non hai ningunha que teña unha incidencia inferor a 250.

No que respecta aos falecidos, neste último informe engádense 119 novas mortes. Na última semana notificáronse 262 na última semana, o que eleva a 82.125 o número de persoas que morreron dende que comezou a pandemia.

Nos hospitais hai 10.411 pacientes ingresados por mor da covid, deles 2.031 están en unidades de críticos. Ademais, nas últimas horas ingresaron 1.047 persoas. Con todo, déronse algo máis de medio milleiro de altas.