CRTVG

Buscar

Preto de 3.000 galegos solicitaron o adiamento da factura da luz

Publicado o 07/04/2020 17:22
Preto de 3.000 galegos solicitaron o adiamento da factura da luz

Preto de 3.000 fogares e autónomos galegos solicitaron o adiamento dos seus recibos da luz, segundo informou a compañía eléctrica Naturgy.

É unha iniciativa que a compañía puxo en marcha debido á crise do coronavirus. Preto de 30.000 usuarios xa solicitaron o adiamento dos seus recibos en toda España.

Dispárase o consumo eléctrico nos fogares

O estudo que realizou unha comercializadora entre os seus clientes revela que dende que estamos confinados gastamos un 20'3% máis de electricidade de luns a venres, e un 13% máis nas fins de semana. Este aumento do consumo tradúcese nun encarecemento de ata 12 euros ao mes. Unha suba da factura que se podería evitar na maioría dos casos contratando unha tarifa de discriminación horaria, ou revisando a potencia contratada. Este aumento do consumo eléctrico nos fogares contrasta coa caída xeral da demanda, debido á paralización de toda actividade non esencial. Este mediodía a demanda era un 8% inferior á de hai unha semana, e un 18% máis baixa que hai catro semanas. 

 

Noticias web

07/04/2020