CRTVG

Buscar

Preto de 2.800 veciños están citados este domingo para un cribado masivo en Verín

Publicado o 27/12/2020 15:16

Dende as oito e media da mañá o fluír de persoas é constante nestas carpas instaladas en Verín.

E así ata 2.800 veciños están avisados hoxe para o cribado que ademais dos tests de saliva inclúe tamén PCR, a partir do martes, aos maiores de 70 anos.

Un cribado, na procura de asintomáticos para frear a expansión do virus, que chegará ao 85 por cento da poboación de Verín.

E é que preocupa a situación neste concello dende a ponte da Inmaculada cando volveron medrar moito os contaxios.

Verín ten as restricións básicas pero está baixo vixilancia por se houbese que aumentalas.

Os negativos notificaranos dende o Sergas por SMS, se dá positivo será o médico de cabeceira o que chame.

Noticias web

27/12/2020