Prestar cartos a un fillo pode saír caro
Un préstamo a un fillo para mercar un piso ou para emprender un negocio é algo habitual entre particulares que está suxeito a un contrato público ou privado e á correspondente tributación fiscal.
Alberto Fernández, asesor Fiscal: "Ten que haber vontade de que haxa devolución dos cartos. Ten que devolverse nun prazo determinado. Ás veces ponse un prazo de 20 anos. Iso en realidade é unha fraude de lei, unha doazón encuberta"
Para evitar problemas con Facenda, os expertos recomendan recorrer a outro tipo de vías para as que a Xunta de Galicia ten establecidas bonificacións fiscais. É o caso das doazóns inferiores a 60.000 euros entre pais e fillos menores de 35 anos.
Alberto Fernández. Asesor Fiscal: "Facer unha doazón acollida a este beneficio fiscal. En Galicia, grazas ao dereito foral galego temos unha figura que é o pacto de mellora, que vén sendo unha herdanza en vida. Aplícaselle á lexislación de herdanzas, que é máis beneficiosa. Ata 400.000 euros de pais a fillos non tributan".
No último ano, Facenda intensíficou os controis tributarios sobre este tipo de préstamos.