CRTVG

Buscar

Preséntase o proxecto Referentes Galegas, para poñer en valor o talento das mulleres galegas

Publicado o 26/02/2019 21:00

Esta tarde presentouse en Lugo o programa Referentes Galegas, un proxecto que nace co obxectivo de pór en valor o talento das mulleres da nosa comunidade. Buscan darlles ás mulleres máis visibilidade en todos os ámbitos profesionais e están a traballar na elaboración do primeiro directorio de mulleres que destacan en diversos ámbitos da sociedade.

En só dous meses suman xa máis de 200 profesionais e o proxecto levarase tamén ao ámbito educativo para animar as mozas a que sexan aquilo que desexan, sen medos nin prexuízos.


 

Noticias web

26/02/2019