CRTVG

Buscar

Preséntase o libro póstumo do exconselleiro Dositeo Rodríguez

Publicado o 20/09/2021 20:53

Este luns presentouse en Santiago o libro póstumo do que fora conselleiro da Xunta de Galicia, Dositeo Rodríguez. Titúlase Os meus anos con Fraga. O goberno dende a cociña. O texto foi escrito polo propio Dositeo Rodríguez, que o rematou apenas dous meses antes de falecer a consecuencia da covid-19. A editorial reproduce as notas á man e os subliñados que o exconselleiro fixera no orixinal.

Varios compañeiros de Goberno e rivais políticos da súa época política asistiron á presentación. O presidente da Xunta gabou o labor do finado na actualización da Administración e lembrou o proxecto de reforma da función pública que promovera.

"Creo que se relata unha historia dun persoeiro que é clave; clave nos gobernos de Fraga, clave na vitoria axustada da primeira lexislatura do presidente Fraga, clave no autogoberno de Galicia, clave na modernización da administración máis importante de Galicia", di Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia.

 

Noticias web

20/09/2021