CRTVG

Buscar

Preséntase en Vigo Un Nadal Solidario

Publicado o 16/12/2019 21:27
Preséntase en Vigo Un Nadal Solidario

Acaba de presentarse en Vigo o Nadal máis solidario. Ata o 5 de xaneiro haberá actividades pensadas para todas as familias.

O conselleiro de Cultura e a delegada da Xunta presentaron a programación que fixeron en colaboración con 14 onegués e organizacións solidarias da cidade. Entre outras cousas, poderá verse o nacemento da catedral de Santiago, e un paxe real recollerá as cartas dos nenos para os Reis Magos.

Haberá foodtracks, obradoiros de experimentos, outros compartidos por avós e nenos, música de grupos locais, corais, bandas ou jazz.

Noticias web

16/12/2019