CRTVG

Buscar

Preséntase a candidatura conxunta ás europeas do BNG, Bildu e ERC

Publicado o 25/01/2019 15:06

Esta mañá presentouse en Santiago a candidatura conxunta ás eleccións europeas do BNG, Bildu e Esquerra Republicana. Os tres partidos preséntanse xuntos aos comicios de maio baixo o nome de Agora Repúblicas.

Agora Repúblicas presentouse en Santiago sen o seu cabeza de lista: Oriol Junqueras, en prisión preventiva. A súa voz estará presente co número dous: Diana Riba, parella de Raül Romeva, tamén preso.

Diana Riba Candidata de ERC ás eleccións europeas: "Oriol, como o meu marido Raül, están en prisión dende hai máis dun ano por facer política e os que os encarceraron fixérono porque renunciaron a facer política"

Polo BNG repite Ana Miranda.

Ana Miranda, candidata do BNG ás eleccións europeas: "Tedes o noso compromiso de que este seguirá sendo o escano do pobo galego"

A líder do partido define así a coalición con Bildu e Esquerra

Ana Pontón Portavoz nacional do BNG: "Unha candidatura das nacións sen estado que compartimos principios progresistas, transformadores, feministas, republicanos e de esquerdas"

Descarta ampliar esta candidatura a outras forzas, como Anova. O candidato de Bildu matizaba hoxe a Otegi e pecha filas co BNG.

Josu Jauristi, candidato de EH-Bildu ás eleccións europeas: "Non pretendía inmiscuirse nas cuestiones de Galicia. Eu quero expresar aquí o meu maior respecto ás decisións do Bloque"

A candidatura presentarase proximamente en Euscadi e Cataluña.

Noticias web

25/01/2019