CRTVG

Buscar

Preséntanse os 352 proxectos seleccionados para "O teu Xacobeo"

Publicado o 21/06/2019 13:47

Un plan de axudas para este Xacobeo 2021 orientado en 3 liñas: a institucións públicas, a particulares e empresas, e a entidades sen ánimo de lucro. O obxectivo, segundo o Conselleiro de Cultura e Turismo é:  "Fomentar a participación, que quere ser sustentable, e que quere descentralizar a acción cultural e a acción social do Xacobeo polo conxunto dos concellos de Galicia"

Ata 4,7 millóns de euros se investirán para 352 propostas gañadoras das 652 iniciativas presentadas. Veranse beneficiadas dende actividades relacionadas coa arte, pasando pola historia e o patrimonio, ata chegar a áreas como a gastronómica, situadas en 107 concellos do urbano e rural. Segundo afirmou Cecilia Pereira, comisaria do Xacobeo 2021: "Aprobamos proxectos que van dende concellos que teñen menos de 3.000 habitantes ata proxectos de cidades galegas que teñen máis de 50.000. Cada proxecto ten unha intensidade diferente de axuda"

O conselleiro de Cultura e Turismo fixo fincapé durante a presentación en amosar esta inicitativa como parte dos obxectivos da Xunta para o 2030.
 

Noticias web

21/06/2019