Presentan unha rede cidadá para alertar de especies exóticas
Publicado o 29/01/2021 13:41
A consellería de Pesca presentou a Rede de Observadores do Medio Mariño Galego, onde todos os cidadáns poden informar de especies exóticas que vexan no mar, cada vez máis frecuentes a causa do cambio climático. Seis dos grandes caladoiros pesqueiros do mundo están afectados.
"Catro destas rexións son caladoiros habituais da nosa frota. A actividade pesqueira vaise reducir, segundo nos din os expertos, entre un 15 e un 35 por cento. É indubidable que temos que buscar solucións urxentes para evitar a súa progresiva deterioración e en último caso a súa extinción", dixo a conselleira do Mar, Rosa Quintana.