CRTVG

Buscar

Presentado o plan para adaptar os colexios galegos ás novas necesidades

Publicado o 24/05/2021 16:35

A Xunta presentou o Plan da nova arquitectura pedagóxica, que ten como finalidade adaptar os colexios galegos ás novas necesidades educativas, sanitarias e tecnolóxicas.

O conselleiro de Educación salientou a importancia de mellorar o aspecto arquitectónico dos centros pero pensando en favorecer a actividade docente e educativa do seu interior.

Segundo Román Rodríguez, a pandemia puxo en evidencia a necesidade de deseñar unhas aulas que sexan máis saudables e flexibles.

Noticias web

24/05/2021