Presentación en Santiago as VIII Xornadas de Portas Abertas das Rutas dos Viños de Galicia.
Publicado o 29/05/2019 21:25

Presentación en Santiago das VIII Xornadas de Portas Abertas das Rutas dos Viños de Galicia. Son cinco rutas nas que se pode facer unha orixinal viaxe en torno á vide e ao viño. Terán lugar as fins de semana do 7, 8 e 9 de xuño nas Rías Baixas e no Ribeiro e o 14, 15 e 16 en Monterrei, Ribeira Sacra e Valdeorras. En cada Ruta podese atopar tamén un programa especial de actividades para a fin de semana: autobuses do viño, catas comentadas, visitas a museos, rutas monumentais ou outras accións relacionadas co mundo do viño.