Presentación de 'Non te amola!', libro inédito e narrativo de Xela Arias
Unha librería. A presentación dun libro. Un editor exultante: "É o acontecemento literario do ano, a presentación deste libro de Xela Arias".
Un libro inédito infantil da poeta. "Miña nai quixera publicalo, pero non se dera", conta o seu filllo. Unha obra que a poeta non escribiu en verso. "É a primeira sorpresa: Xela Arias tamén é narradora!".
E narra "impresións de infancia" nunha serie de contos fiados que recrean aqueles primeiros anos na aldea en Sarria, a impresión do cambio a Vigo, a tenrura cos avós.
E todo co apoio das ilustracións que retratan a nena Xela. "A foto da portada atopeina nun álbum familiar. Quixen facer unha Xela Arias infantil pero moi decidida, determinada, inconformista, como era ela", explica a ilustradora.
Unha obra de narrativa escrita por unha poeta. "A mirada da poeta está aí, é recoñecible".