CRTVG

Buscar

Presentación de 'Chorimas para Celso Emilio Ferreiro' no Parlamento

Publicado o 12/03/2021 16:43

O Pazo do Hórreo acolleu este venres a presentación do libro Chorimas para Celso Emilio Ferreiro. Un memorial: 1979-2019. Obra de Ramón Nicolás, é un tributo á memoria do autor de Longa noite de pedra.

O volume recolle poemas descoñecidos e os acontecementos e as publicacións que se sucederon para honrar a súa memoria, dende o seu falecemento no ano 1979 ata o ano 2019.

O libro foi patrocinado polo Parlamento de Galicia e pola Consellería de Cultura e Turismo.

Noticias web

12/03/2021