CRTVG

Buscar

24 positivos por covid-19 fan saltar as alarmas en Ordes

Publicado o 18/05/2021 15:23

"A mediados de febreiro chegamos a 123 casos nun día, a verdade é que foi un momento moi dramático e é algo que non nos gustaría repetir", comenta ​Susana García, concelleira de Política Social, Educación, Igualdade e Traballo.

A situación en Ordes non é polo de agora preocupante, pero todos temen que se repita o do mes de febreiro cando tocou teito.

"Temos 24 casos activos, dous dos cales están no hospital e 22 en illamento domiciliario", sinala ​Susana García, concelleira de Política Social, Educación, Igualdade e Traballo.

Algúns veciños bótanlle a culpa á Festa do Champiñón. "Non se organizou nada, pero si se organizou, sabes, a hostalaría daba a degustación do champiñón igual, entón, claro, a xente concentrouse máis do normal", apunta Iria González, froiteira.

Agora hai medo pola hostalaría, pero tamén por outros sectores, como o da moda, moi importante neste concello.

"Notaron que as vendas baixaron e que se veu moi abaixo o tema dos eventos, que este ano está empezando a repuntar un pouquiño, pero en comuñóns, confirmacións e bautizos", fala ​Marina Candal, rexenta unha tenda de moda.

As tendas están cheas de mercadoría e o tempo non está axudando moito.

 

Noticias web

18/05/2021