CRTVG

Buscar

Preocupación polos gromos puntuais e os contaxios dos mozos en Lugo

Publicado o 11/06/2021 14:31
Preocupación polos gromos puntuais e os contaxios dos mozos en Lugo

Imaxes con moita xente na rúa vense con frecuencia no centro de Lugo. Non hai distancia de seguridade, apenas se ven máscaras e o risco de contaxio é evidente. Por iso as autoridades  sanitarias fan un chamamento á responsabilidade dos mais novos. Porque, como subliñan, cada vez hai máis contaxios neste sector da poboación. Contaxios que logo chegan ao ámbito familiar e producen pequenos gromos como os detectados en Lugo.

Malia todo, o Sergas suliña a estabilidade na área sanitaria luguesa. Van catro días con datos estables e a incidencia acumulada na cidade da muralla, a que máis preocupa logo da estabilización do gromo de Viveiro, é de 70 casos por cada 100.000 habitantes.

Noticias web

11/06/2021