CRTVG

Buscar

Preocupación nos concellos da área da Coruña non afectados polo peche do ocio nocturno

Publicado o 13/08/2020 14:49

Dos máis de 100 casos activos rexistrados en Galicia nas últimas 24 horas, 81 corresponden á área sanitaria da Coruña e Cee. Esta área sanitaria suma xa 544 casos activos. O número de pacientes ingresados aumentou en 2. Acadan os 30, dos que 28 están en planta no CHUAC e dous no Hospital Quirón.

Con estes datos, e ante a o risco de transmisión comunitaria, aumentan as restricións, por exemplo, nas visitas hospitalarias, e mantéñense as decretadas o venres pasado pola Consellería de Sanidade con xuntanzas familiares limitadas a 10 persoas, o peche do ocio nocturno e capacidade do 50% no comercio e na hostalaría. Restricións que se van manter polo menos unha semana máis.

Existe preocupación tamén en concellos da área sanitaria non afectados polo peche do ocio nocturno como é o caso de Betanzos, ante a posibilidade de que se produzan desprazamentos cara a estes lugares. A Garda Civil de Tráfico xa anunciou que incrementará nos próximos días os controis nos accesos de entrada e saída, tanto da cidade da Coruña como na súa área metropolitana.

 

Noticias web

13/08/2020