CRTVG

Buscar

Preocupación na hípica galega pola mingua física dos cabalos

Publicado o 25/04/2020 21:26

As escolas hípicas coma esta que vemos en Vigo, a do equipo ecuestre David Veloso, levan máis de corenta días sen actividade. Ao problema económico que supón non ter ingresos porque as clases están prohibidas pola COVID-19 engádese a preocupación polo estado físico dos animais.

Á perda de forma física dos cabalos, algúns competidores e outros usados para a aprendizaxe da hípica, súmase a enfermidade dos cólicos.

Desde a Federación Galega de Hípica únense á española na petición de que os clubs poidan retomar a súa actividade con novas normas de participación e distanciamento nas clases.

Noticias web

25/04/2020