CRTVG

Buscar

Preocupación entre a veciñanza de Laza, en nivel máximo de restricións e cunha vintena de casos activos

Publicado o 10/05/2021 14:22

A veciñanza de Laza limita as súas actividades a só o esencial. Coas restricións máximas desde hai unha semana, din que hai preocupación pola vintena de casos activos, froito dun gromo social.

Malia a fin do estado de alarma, aquí din que son conscientes de que teñen que seguir coas limitacións dos contactos. Agardan que a ituación mellore para poderen recuperar un pouco de liberdade.

Laza e Cualedro, xunto con Padrón, Vilanova de Arousa e Cambados, son os cinco concellos galegos que seguen pechados perimetralmente no nivel de máximas restricións.