A chegada de británicos para a final da Champions preocupa en Portugal
As autoridades portuguesas están moi atentas aos movementos dos centos de británicos que están chegando estes días ao Porto para a final da Champions.
Entran con PCR, pero o comportamento en xeral deixa moito que desexar. Os veciños do Porto están escandalizados ante o comportamento dos centos de seareiros do Manchester City e do Chelsea que invadiron a cidade e nas terrazas non seguen ningún tipo de medida sanitaria.
As zonas turísticas como a Ribeira convertéronse onte nunha área de festa sen distanciamento social e sen uso de máscaras. O peor chegou cando ás dez e media pecharon os bares e restaurantes e no centro se produciron pelexas e liortas en que tivo que intervir a policía.
Todo isto precisamente no día que Portugal amplía o estado de calamidade outros 15 días.