CRTVG

Buscar

Preocupa en Carballo a presenza da cepa británica no gromo dunha residencia

Publicado o 05/02/2021 14:38

Os modelos matemáticos falan. Din os expertos que a variante británica se contaxia a máis velocidade.

Fixámonos nunha localidade como Carballo. O último gromo detectado na residencia de maiores preocupa aos veciños.

Carballo é ademais unha zona de tránsito entre as áreas da Coruña, Santiago e a Costa da Morte. Unha circunstancia que podería axudar a estender os contaxios.

Por iso piden máis precaución nos contactos sociais.

É o único xeito de reducir contaxios e presión hospitalaria mentres avanza o proceso de vacinación.

Noticias web

05/02/2021